Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un 27% das empresas galegas cumpre a lei de igualdade nos seus consellos de administración
Outro informe asegura que as compañías da comunidade impulsan o número de directivas até o 31%

Un 27% das empresas galegas, por encima da media (25%), conta con polo menos un 40% de representación feminina nos seus consellos de administración, segundo o estudo realizado pola empresa Informa D&B.

Se se ten en conta o grao de cumprimento segundo as clasificacións que estipula a normativa, respecto das que teñen que presentar un plan de igualdade por ter máis de 250 empregados, este cumprimento redúcese ao 13% na comunidade galega, por encima do 12% do conxunto estatal.
Naquelas obrigadas a presentar contas non abreviadas, o 15% teñen máis dun 40% de mulleres nos consellos, máis de novo que os datos estatais, que non pasan do 13%. Entre o resto de sociedades, cumpre case o 28%, "mellor comportamento que o 25% global", segundo Informa D&B.

As 41.759 empresarias individuais, segundo os seus datos, supoñen máis do 38% dos autónomos galegos. Esta representación sitúase por encima do 35% que alcanzan as mulleres entre o total de autónomos de España.
Mentres, un informe da consultora de servizos profesionais Grant Thornton asegura que as compañías da comunidade impulsan o número de mulleres directivas até o 31%, por encima da media estatal (30%) e da Unión Europea (28%). Este estudo nace a partir dunha enquisa a empresas de entre 50 e 500 empregados e nel a muller ocupa polo menos un posto de mando no 92,2% das empresas galegas consultadas, fronte ao 86,8% da media. Apunta tamén unha "forte oposición", do 82% dos empresarios galegos preguntados, ás cotas obrigatorias, rexeitamento 12 puntos por encima da media.
Neste contexto, a Unión Profesional de Galicia reclama polo día internacional da muller "medidas urxentes que favorezan a igualdade de oportunidades". Pide, en concreto, "un compromiso social que logre unha empleabilidad efectiva e igualitaria no ámbito das profesións", ao criticar que a brecha salarial sitúase no 31% en actividades profesionais e científicas.



Eva Muñiz 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2019 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal