Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Investigadoras estudan en Ourense a hibernación das velutinas
Crese que chegaron a Francia a través do transporte marítimo procedente de China , ocultas entre madeira e cerámica. Non se sabe cantas colonias puideron camuflarse nos buques nin o momento exacto no que desembarcaron. O que si se sabe é que as avespas asiáticas -máis coñecidas como velutinas- apareceron ao mesmo tempo en dous puntos: A Mariña e as Rías Baixas. Non son especialmente sensibles ao frío, porque permanecen activas igual, e a humidade relativa que temos aquí as axuda a proliferar. Este ano, co inverno tan suave traballaron ata xaneiro. «O que non sabemos é que ocorre dentro dos niños cando hibernan: si morren, si só quedan obreiras, si o niño mantense ata que mellore o tempo...», afirma a investigadora Carmen Seijo, del departamento de Biología Vegetal y Ciencia del Suelo, de la Universidade de Vigo. O traballo de laboratorio e de campo comezou cando os apicultores e os bombeiros de Ourense puxéronse en contacto coa universidade para abordar o problema. A colaboración é transversal porque as investigadoras obteñen niños para estudar e á súa vez formaron a apicultores e bombeiros nas características da especie para combatela eficazmente.
Cando a avespa asiática comezaba a sobrevoar Galicia as estimacións barallaban que só se asentaría na costa e non nas zonas de montaña. «Xa se ha demostrados que non é así», destaca a docente. «O ano pasado, causou danos considerables para os apicultores en zonas baixas, de altitude. E cremos que non ten solución porque non hai medios para erradicar unha especie que é capaz de crear 25.000 niños ao ano. E iso só tendo en conta os censados.
Os niños primarios adoitan ser do tamaño dunha pelota de tenis, mentres que os secundarios poden albergar a máis de mil individuos. Sobre a velutina hai moita información que é moi similar pero falta investigación sobre aspectos tan claves coma se nas condicións nas que se desenvolven en Galicia seguen traballando todo o ano ou si hibernan; sobre que cantidade de crías son capaces de reproducir por niño ou si reutilizan -ou non- os panales para pór máis ovos. Desde mediados do ano pasado xa se están vendo máis traballos publicados.


Alba Osorio 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-03-2019 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal