Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia é a cuarta comunidade de España con maior vacinados fronte á gripe
Galicia é a cuarta comunidade de España con maior cobertura de vacinados fronte á gripe. Nesta campaña, case seis de cada dez maiores de 65 anos vacináronse. Foron 8.500 máis que o ano pasado.
Tamén aumentou nos profesionais sanitarios. Case a metade destes traballadores vacináronse contra a gripe este ano.
Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "O que significa o incremento nos profesionais sanitarios é que ao final son exemplo para toda a cidadanía. Subir seis puntos é moitísimo dun ano para outro. Hai unha concienciación cada día máis clara dos profesionais e iso favorécenos porque vai ser exemplo para o resto de cidadáns".
Aumenta a vacinación nos profesionais sanitarios e tamén nas embarazadas. Esta campaña foron o dobre que a anterior ata chegar ao 52 por cento . Precisamente a vacinación das mulleres xestantes foi un dos temas que se abordou na xornadas Seqirus de actualización en gripe que se celebran en Santiago e que reúnen expertos nacionais e internacionais.
Sobre o futuro das vacinas contra a gripe, os expertos apuntan dous obxectivos. Un, é conseguir que teñan máis protección, que combatan varios virus, e, o outro, é que duren máis tempo, que unha vacina sirva para tres ou catro anos.


Lucía Alvarellos 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2019 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal