Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«O día que os Grapo mataron o meu pai»

Hai 30 anos, un comando terrorista entrou a media mañá no Banco de España en Santiago e asasinou aos dous gardas civís que custodiaban o edificio. As súas familias reviven a traxedia.

«Eu tiña 13 anos o día que os Grapo mataron o meu pai». José Luis Limia Vila recorda que estaba no colexio Lasalle de Santiago. «Viño a buscarme a muller dun garda civil. Díxome que o meu pai sufrira un accidente. Cando chegamos ao cuartel entendino todo». Un comando terrorista dos Grapo asasinara, ás once e media da mañá dese 10 de marzo de 1989, aos dous gardas civís que custodiaban o Banco de España en Santiago. Un era o seu pai, Constantino Limia Nogueiras, de 52 anos, casado e con tres fillos. O outro era Pedro Cabezas González, de 47, casado e con dúas fillas. Ese venres, ambos cumprían un servizo de garda de 24 horas, cando cinco terroristas, dous homes e tres mulleres, entraron no edificio de soportais da céntrica praza das Praterías e disparáronlles a sangue frío. Un dos axentes estaba sentado nunha cadeira cando unha bala de revólver esnaquizoulle a cabeza. O seu compañeiro caeu inmediatamente. Non tiveron tempo de defenderse.

Juan García 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-03-2019 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal