Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Declaran o 12 de xaneiro 'Día da Morte Digna en Galicia' en honra a Ramón Sampedro


A asociación Dereito a Morrer Dignamente declarou o 12 de xaneiro como
'Día da Morte digna en Galicia' na honra a Ramón Sampedro, o veciño de Porto
do Son (A Coruña) que viviu prostrado nunha cama desde os 25 anos debido a
unha tetraplexía e que se converteu nunha icona da loita pola eutanasia.
Sampedro, paralizado de pescozo para abaixo tras sufrir un accidente na praia
de As Furnas (Porto do Son), puxo fin á súa vida o 12 de xaneiro de 1998 tras
anos de loita nos xulgados para reclamar o suicidio asistido e que quen o
auxiliase non se enfrontase a un delito.
Na súa memoria, a asociación DMD Galicia declara o 12 de xaneiro 'Día da
Morte Digna en Galicia' cando se cumpren 21 anos do falecemento de
Sampedro por envelenamento de cianuro potásico facilitado pola súa
compañeira sentimental Ramona Maneiro, quen, sete anos despois e tras
prescribir o delito, admitiu fornecer a substancia.
O colectivo organiza este sábado en Xuño (Porto do Son) unha xornada
dividida en tres actos na que lembrarán ao mariño e escritor galego.
Pola mañá, DMD Galicia instalará unha mesa informativa no mercadillo de
Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) a partir das 11,00 horas. Ás 17,00 horas, a
praia de As Furnas acollerá un acto en recordo de Ramón Sampedro. O
presidente da asociación a nivel federal, Javier Velasco, clausurará a xornada
cunha conferencia.

Sofía Vecillas.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal