Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O gaélico escocés resístese a desaparecer entre a mocidade de Highlands e Hébridas.

O gaélico escocés, noutrora lingua estendida e falada por toda Escocia, está
actualmente en risco crítico de desaparición. Ten algo máis de 90.000 falantes,
58.000 dos cales están en Escocia e o resto naqueles países onde existen
importantes comunidades escocesas froito da emigración, como Canadá,
Estados Unidos ou Australia. En Escocia é o norte do país unha das zonas
onde a lingua ten unha comunidade de falantes se ben este mantense baixo
mínimos. Unha situación que é perceptíbel principalmente entre a mocidade.

Un  estudo  sobre a realidade da mocidade das Highlands e illas Hébridas na
que tomaron parte 3.130 mozos e mozas indica que 31% dos xóvenes tiñan
algún coñecemento do gaélico-escocés. Debullada esta porcentaxe, 7% dos
mozos e mozas desas comarcas din poder falar gaélico por un 24% que din
que poden facelo un "pouco" ou "algo".  En 2011 era 8% da mocidade desas
áreas quen podía falar ese idioma.

No conxunto de Escocia,  os escoceses que afirman que falan gaélico son
57.600, o que representa apenas 1,1% da poboación . E 25.000 deles din que
empregan ese idioma habitualmente. En 2001 a cifra de falantes era de 58.600.
Porén, é na mocidade onde se está a dar un cambio a positivo a respecto do
idioma propio do país. Nas franxas por baixo dos 18 anos aumenta a
porcentaxe de gaélico-falantes. Nunha década pasou do 0,9% ao 1,2%.

Alén dos 57.600 escoceses que din saber falar gaélico hai outros 30.000 que
afirman que o entenden e teñen coñecementos do idioma. Por zonas, 61% dos
habitantes das Illas Hébridas coñecen o gaélico, así como 7,4% dos que viven
nas Highlands. En Glasgow 1,7% da poboación fala gaélico (perto de 10.000
persoas).

Sara González Belloso, 2º Bacharelato, nº14
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal