Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ONDA DE FRÍO ÁRTICO EN EEUU

O frío polar que azouta o medio-oeste de Estados Unidos provocou polo menos
20 mortes. Así mesmo, unha cantidade crecente de persoas foi tratada en
hospitais por síntomas de conxelación porque as temperaturas alcanzan niveis
perigosos para a saúde humana.
Houbo ademais decenas de feridos en varios choques en cadea rexistrados en
estradas esvaradías polo xeo acumulado.
As temperaturas extremas, que obrigan a tomar as máximas precaucións para
circular ao aire libre, rexistran unha sensación térmica récord de 66 graos
Fahrenheit baixo cero (-54 graos centígrados).
Estas temperaturas obrigaron a varias liñas de metro a suspender os seus
servizos porque é a neve a que transporta o vento e que está a bloquear as
vías.
Mentres, o frío tamén está a causar atrasos e problemas nas operacións dos
aeroportos, o sistema de proximidade e os servizos de autobús público.
Moitos expertos, entre eles os meteorólogos estatais da NOAA
estadounidense, explican que é unha consecuencia do quecemento do Ártico.
Explícano tamén desde a Organización Meteorolóxica Mundial. No seu boletín
do mes de xaneiro titulado "Un mes de extremos", os meteorólogos da ONU
insisten en que o episodio que viviu Estados Unidos non bota por terra o
cambio climático.
"O Ártico enfrontouse a un quecemento do dobre da media mundial. Unha gran
parte da neve e o xeo da rexión hase derretido. Eses cambios están a afectar

os patróns climáticos fose do Ártico no hemisferio norte. Unha parte das
anomalías frías nas latitudes máis baixas podería estar relacionada cos
dramáticos cambios no Ártico. O que sucede nos polos non queda nos polos,
senón que inflúe nas condicións meteorolóxicas e climáticas das latitudes máis
baixas, onde viven centos de millóns de persoas", di o secretario xeral, da
OMM Petteri Taalas.

Wuimer Álvarez Célix,2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-03-2019 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal