Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

*Barcelona dá penso anticonceptivo ás pombas para reducir a súa poboación


Os 40 dispensadores disparan millo ás oito da mañá, a hora do día na que estas aves teñen máis fame
Ollo cos 40 cilindros metálicos negros con aspecto de papeleira que apareceron nos parques de Barcelona. Non son papeleiras. Son dispensadores de "penso anticonceptivo para pombas". Especifícao a tapa destes aparellos que acaban de irromper nos dez distritos da cidade. Obxectivo? Reducir a poboación destes paxaros, cifrada en 85.000 exemplares. Demasiados. Unha praga, din os expertos, aínda que a cidade alcanzara cifras peores. Máis de 110.000 chegou a haber. Ata agora a poboación de pombas controlábase capturándoas e sacrificándoas. Unha práctica historicamente criticada polas entidades animalistas. Ademais, apenas permitía manter baixo control a cifra de exemplares, pero non reducila. Agora o obxectivo é rebaixala á metade.
O Concello que capitanea a alcaldesa Ada Colau presentou este martes o que defende que é unha "aposta clara e decidida para o control ético das poboacións de pombas". Un método que ata agora só unha cidade europea de tamaño medio aplicou con resultados satisfactorios: Xénova, en Italia. O consistorio, que declarou Barcelona "cidade amiga dos animais", espera reducir a colonia nun 20% no primeiro ano e alcanzar ata un 80% en catro ou cinco anos. Unha carreira de fondo contra unhas aves que son "fauna salvaxe autóctona non protexida", que teñen unha elevada taxa de reprodución e que de entrada será máis custosa, 250.000 euros ao ano (que inclúen a dirección científica do proxecto, os dispensadores e o penso). A longo prazo, con todo, resultará máis económico.
Ata o último detalle está pensado. Os dispensadores disparan millo ás oito da mañá, a hora do día na que as pombas teñen máis fame. A esa hora comen un terzo do alimento do día: dez gramos. Cada aparello expulsa a cantidade necesaria para satisfacer a colonia que vive preto. E os grans de millo, recubertos de anticonceptivo, son dun tamaño grande, para que non sexa apetecible para ningunha outra especie de ave. A substancia que recubre os grans chámase nicarbazina e afecta á ovulación das femias. Sobre todo, porque tamén pode afectar os espermatozoides dos machos.
É necesario reducir a cifra de pombas, ten de malo que interfere en "a convivencia coas persoas e con outras especies", que "pode ter efectos sobre a saúde, o mobiliario urbano, o espazo público e a vexetación". Hai un mes, o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ( TSJC) deu a razón a unha ex informadora turística da praza de Cataluña, con fibrose pulmonar severa, que alegou como accidente laboral a enfermidade, derivada dunha sensibilidade á constante exposición aos excrementos de pombas e outras aves que frecuentan a praza.

Tamén son un problema os efectos corrosivos das defecaciones das pombas. "Hai séculos que viven entre nós, pero a cidade ten unha capacidade de carga" que superouse.

Susana Velasco
1° Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-02-2019 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal