Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rescatan a tres menores que foran arrastrados pola corrente no río Mero
Axentes da Policía Local e da Garda Civil de Cambre tiveron que rescatar esta tarde a tres novos que foron arrastrados pola corrente cando se bañaban no río Mero, nunha zona próxima á presa da Telva, no termo municipal de Cambre. O suceso ocorreu sobre as 17.15 horas, cando un paseante escoitou unhas voces pedindo auxilio xunto ao paseo fluvial que discorre pola zona da Barcala. Ao chegar ao lugar comprobou que había tres persoas dentro de río en situación de perigo, polo que alertou ao 112. Segundo confirmaron desde a Policía Local de Cambre, os axentes conseguiron sacar da auga a un dos nenos coa axuda dunha rama longa; a outro o agarraron por un brazo e, ao terceiro, conseguírono rescatar cunha escaleira, xa que se atopaba agarrado a un dos alicerces da presa para que non o arrastrase a corrente e era difícil acceder a el. Aínda que ao lugar se desprazou unha ambulancia do 061 non foi precisa a asistencia médica, xa que os adolescentes tan só presentaban signos de leve hipotermia ao ter estado un bo intre dentro do río. A pesar de que tamén foron mobilizados os bombeiros de Arteixo, finalmente non foi necesaria a súa intervención. A operación de rescate concluíu sobre as 17.45 horas, cando os tres novos puideron regresar andando ás súas casas en compañía doutro amigo co que estaban pasando a tarde.


Enrique Molina Muñiz
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2019 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal