Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O rueiro ourensán incorporará os nomes de trinta mulleres.
O proceso iniciado polo Concello de Ourense a finais do 2017 para feminizar o rueiro da cidade ten xa unha trintena de nomes que pasarán a identificar rúas e prazas en canto termine a tramitación das propostas. A lista de candidatas elaborouse tendo en conta as suxestións de particulares e colectivos que decidiron participar na convocatoria pública posta en marcha pola institución local por mor dun acordo plenario unánime da corporación en abril dese ano, que foi recollido tamén no terceiro plan municipal para a promoción da equidad de xénero e pretende impulsar a visibilización e o recoñecemento de mulleres que destacaron en distintos ámbitos profesionais ou sociais.

Entre as suxestións achegadas aparecen nomes como o da primeira muller en ser admitida na Real Academia Galega, Olga Galego, pero tamén hai astrónomas, gaiteiras, atletas, actrices,, médicas ou mestras, entre representantes doutros moitos sectores. Nieves Fariza, Antonia Ferrín, Áurea Rodríguez, Elisa Sánchez, Olimpia Valencia ou Marcela García son outros dos nomes que recibiron máis apoios. Tres prazas, catro cales e trece espazos públicos da capital ourensá recordarán a estas mulleres, pero ademais o goberno local apunta que haberá outros espazos e equipamentos públicos que levarán nome de muller e que se realizarán recoñecementos especiais a outras ourensás, como a primeira vítima coñecida de violencia de xénero na cidade, Asunción González; ou incluso a colectivos como o denominado A miña Avoa.



Alba Osorio 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-02-2019 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal