Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os restaurantes galegos terán que entregar a comida sobrante aos clientes a partir de 2020
A partir do ano que vén, cando vostede abandone un restaurante en Galicia levarase consigo os alimentos que non coma nun recipiente, sen necesidade de pedilos; situación que incomoda a algúns comensais e que non vai moito tempo era unha práctica excepcional na comunidade.

A Xunta obrigará por lei a estes establecementos á respectiva entrega cando entre en vigor a comezos de 2020 a nova “Lei de residuos e solos contaminados” cuxo anteproxecto aprobou o Consello.

A entrega de comida que sobra aos comensais dos restaurantes galegos vai un pouco máis alá de normas como a de Baleares, que só obriga aos negocios a envolver eses alimentos para que os seus clientes os leven a casa si estes o solicitan. En Galicia será obrigatorio esa práctica, incluso en celebracións de gran cantidade de viandas como as vodas.

O reciclaxe será tamén un elemento prioritario na nova lei, ata o punto en que se establece que o ano que vén a reutilización deberá alcanzar o 50% de residuos domésticos e comerciais para obter papel, metais, vidro e plásticos. No caso dos envases, o reciclaxe alcanzará o 65% en 2025 e ao 70% cinco anos despois.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2019 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal