Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Centenares de traballadores de ambulancias reivindican en Santiago un "convenio xusto"
Baixo o lema 'Por un convenio digno e un servizo público de calidade. Ambulancias en loita', centenares de traballadores --convocados por CIG, UXT e CC.OO.-- chegados en tres autobuses de Vigo --uno dos cales chegou tarde ao ser parado pola Guardia Civil para un control de tacógrafo e documentación--, un de Ferrol e outro da Coruña, así como en coches particulares desde diversos puntos de Galicia, percorreron rúas de Santiago desde a Praza Roxa até San Caetano, onde ese sitúa a sede da Xunta.

Os manifestantes fixeron soar bombos e sirenas, lanzaron fume de cores e bombas sonoras nunha marcha, precedida por un coche da Policía Local e dous furgóns da Policía Nacional, durante a que corearon consignas como "Feijóo, escoita, ambulancias en loita", "Xunta e patronal, culpables por igual" e "ambulancias en loita".

En declaracións aos medios, o responsable de transporte da CIG, Xesús Pastoriza, asegurou que a mobilización pretende "denunciar publicamente" que levan "tres anos co convenio terminado e conxelado". Así, criticou o "non, non e non por parte da patronal" e a "desaparición absoluta da Xunta".


Beatriz Ribeiro Pereira
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2019 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal