Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cortan un carril da A-52 para poder recoller a un mastín que foi abandonado polo seu dono

O animal, que carecía de microchip, corría o risco de ser atropelado ante a elevada circulación.

A Garda Civil de Tráfico tivo que cortar esta tarde un carril na A-52,á altura do punto quilométrico 266,900, en Melón , pola presenza dun can abandonado na calzada e para poder retiralo con seguridade debido á elevada circulación.

Era un mastín e para collelo reclamouse que acudise o lacero da Deputación, que se fixo cargo do can para trasladalo ao floco, xa que se descoñece a identidade do seu dono por carecer de microchip.

Para levar a cabo este operativo foi necesaria a presenza dun equipo de atestados e outro de motoristas da Garda Civil de Tráfico, do destacamento de Ourense, ademais de persoal de mantemento.

Paula Vázquez 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-02-2019 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal