Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«VIN A NENOS DE 10 ANOS CON MÓBILES QUE CUSTAN MIL EUROS»
Neste punto, e antes de dirixirse a un grupo de alumnos do colexio de Nantes (Sanxenxo), José Manuel Lustres alude a un feito cada vez máis común, «o deses nenos que teñen barra libre, que os seus pais se despreocupan un pouquiño de facer certo control sobre eles»



Recoñece que puido observar que se trata dunha conduta máis habitual da que puidese, en principio, parecer.

Sos menores cuxos «pais usan as tecnoloxías para apagalos, para deixalos aí e que non molesten».
É nestes nenos onde, en moitas ocasións, incide ao trasladarlles consellos e recomendacións. O experto insiste en que hai que asumir que a tecnoloxía forman parte da vida das persoas cada vez a idades máis temperás: «Vin a nenos de 10 anos con smartphones de mil euros.

Dáslles un libro e non saben pasar as horas, pero si manexar un tablet.
Pero non só os nenos descoñecen os riscos da internet, é que tampouco son conscientes das repercusións como as de compartir fotografías.
Pero é que os pais tampouco saben que lles poden complicar moito a vida os seus fillos.

Hai bastantes problemas co grooming, con persoas que se fan pasar por nenos nos chats e vanlle sacando información para logo intercambiarse fotos cada vez máis subidas de ton para, xa ao final, requirir un contacto físico. Búscase un encontro sexual», advirte José Manuel Lustres antes de aclarar que na comarca de Pontevedra a Garda Civil non teñen constancia de ningún caso destas características.



ALBA MILLÁN BORRAJO 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2019 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal