Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EN LIBERDADE O ANCIÁN ACUSADO DE RAIAR COCHES EN VIGO
O Xulgado do Penal número uno de Vigo acordou a posta en liberdade do ancián acusado de raiar centenares de coches e derivouno ao Xulgado de Familia, que á súa vez o enviou ao hospital Álvaro Cunqueiro para unha avaliación psiquíatrica con vistas ao seu posible internamento nunha residencia.

Agora será o Xulgado de Familia o que realizará o seguimento da situación do home, de 80 anos, quen foi trasladado ao hospital nunha ambulancia do 061 desde os xulgados no medio dunha gran expectación mediática.

O ancián foi detido este xoves mercé a unha requisitoria xudicial para responder por desfeitas a unha ducia de vehículos. Unha causa que debería xulgarse o pasado decembro pero na que non compareceu, e sobre a cal se lle ía a comunicar nesta xornada que a vista sería a semana próxima. Todo está a expensas agora da valoración que solicitou a Fiscalía pola vía civil.



Paloma González González, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2019 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal