Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Netflix convertirá en serie “El desorden que dejas” do ourensán Carlos Montero
O escritor gañou en 2016 o Premio Primavera con este thriller psicolóxico.

Netflix convertirá en serie o thriller psicolóxico de Carlos Montero nado en Celanova en 1972. “El desorden que dejas” gañador do Premio Primavera de Novela 2016. Así o anunciou o vicepresidente de Series Orixinais, Francisco Ramos.

Ambientada na cidade ficticia de Novariz, “El desorden que dejas” está relatada en primeira persoa por Raquel, unha moza profesora de literatura en horas baixas, que para darlle unha segunda oportunidade ao seu matrimonio, acepta unha suplencia no instituto dese pobo. No seu primeiro día de traballo, Raquel descobre que Elvira, a súa predecesora, suicidouse e ao finalizar as clases atópase no seu bolso cunha nota que di: ¿E ti canto vas tardar en matarte? Raquel intentará averiguar quen está detrás desa ameaza e inevitablemente comezará a obsesionarse coa antiga profesora.

Carlos Montero mudouse a Madrid con 28 anos para estudar Ciencias da Información na Universidade Complutense e case dous decenios traballando como guionista de cine e televisión. Foi o creador da serie “Física o Química” e foi guionista de “El comisario” e “Tiempo entre costuras”.


Noa Varela Varela
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-02-2019 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal