Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Arqueólogos descobren en Valdeorras pintura esquemática prehistórica

A pintura esquemática ibérica asóciase ás primeiras culturas
metalúrxicas, maiormente na Idade do Cobre ou Calcolítico e na
de Bronce. A esa escola pertence o achado dos arqueólogos de
Sputnik Labrego e Estela Arqueoloxía en Casaio (Carballeda de
Valdeorras): “Un dos conxuntos máis importantes do noroeste
peninsular”.
Os investigadores toparon coas pinturas mentres traballaban nun
proxecto de análise arqueolóxica da guerrilla antifranquista,
dirixido por Carlos Tejerizo -do CSIC- e Alejandro Rodríguez
-da Universidade de Compostela. “No proceso de documentación
dun chozo da guerrilla situado nun abrigo con condicións ideais
para este tipo de arte, revisamos a cavidade e observamos as
pinturas”, sinala Francisco Alonso, de Estela Arqueoloxía e
Patrimonio.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2019 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal