Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dafne, a moza de 17 anos que fará un posgrao en Harvard
A mexicana Dafne Almazán nunca pisou unha escola convencional. Pero aos dous anos e medio xa sabía ler e escribir; aos oito iniciou os seus estudos de secundaria; aos dez empezou a carreira de Psicoloxía e tres anos despois converteuse na graduada en Psicoloxía máis nova do mundo. Entre medias tamén sacou tempo para aprender catro idiomas -francés, inglés, chinés mandarín e latín-, ademais de envorcarse na súa paixón pola danza e o piano e instruírse en taekwondo. Agora converterase na primeira persoa menor de 18 anos en realizar un posdoctorado na Universidade de Harvard. Non ocorrera nada igual nos últimos cen anos.
«Eu estudaba, pero tamén xogaba. Aprendín a tocar instrumentos, xogaba cos meus cans...», confesou a moza, que agora ten 17 anos, a axénciaa Efe en México. É unha superdotada, pero, a diferenza doutros nenos con altas capacidades, foi canalizada desde o principio para sacar o maior rendemento ás súas aptitudes. Fíxoo no Centro de Atención ao Talento (Cedat), unha institución dedicada aos superdotados que foi creada polo seu pai e o seu irmán maior, que tamén presenta un coeficiente intelectual superior á media, do mesmo xeito que a súa irmá Delanie. Ela é a pequena. Desde hai anos é Dafne a que intenta axudar no centro a outros como ela. Fíxoo desde que se graduou en Psicoloxía, aínda que agora dará o salto a Estados Unidos. Será algo temporal, porque a súa ilusión é traballar no seu país.



Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2019 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal