Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mais cerca de colonizar o Universo
Alá por 2005 produciuse un fito histórico da humanidade no espazo: a sonda  Huygens da Axencia Espacial Europea conseguiu aterrar nunha das lúas de Saturno, Titán. Ata agora é a misión que máis lonxe da Terra conseguiu pousar tecnoloxía humana, e aínda hoxe os achados que  Huygens enviou durante horas á sonda da NASA utilízanse en estudos que nos revelan os misterios do universo. Pero aínda que a aterraxe durase apenas unhas horas, tardáronse máis de dúas décadas en idear o ambicioso plan para chegar a Titán.

Foi en 1982 cando se expuxo por primeira vez esta posibilidade, que foi aprobada definitivamente en 1988. Despois houbo que esperar ata 1997 para ver como a sonda Cassini era lanzada ao espazo. E aínda houbo que agardar outros oito anos máis ata o descenso de infarto á lúa de Saturno. «Nada disto ocorrería se a ESA non tivese un plan espacial a longo prazo», afirman desde a axencia espacial. Ese plan era «Horizonte 2000» e cumpriu os seus obxectivos con fartura: puxo en órbita o telescopio espacial  Hubble e conseguiu depositar o módulo Rosetta no cometa 67 P en 2014, entre outras fazañas.

E, sobre todo, sentou as bases da actual «folla de ruta» da ESA, coñecida como «  Cosmic Vision 2015-2025», e cuxos obxectivos están encamiñados a contestar a catro preguntas fundamentais: cales son as condicións para a formación de planetas e o xurdimento da vida?; como funciona o sistema solar?; cales son as leis físicas fundamentais do Universo?; e como se orixinou o Universo e de que está feito? E para iso estudarase desde as radiacións que emite o Sol, pasando por recoller mostras da lúa marciana  Fobos para coñecer as nosas orixes, visitar por segunda vez Urano e Neptuno e, por suposto, atopar un planeta parecido á Terra que, quizá, poida albergar vida.




Ricardo Alberto Ferreiro de Aguair

1ºBACH A/Nº13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2019 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal