Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PERIGOS NA REDE
Boas e chuviosas tardes, amigXs.

 

Hoxe non teño nin a máis remota idea do que vou escribir neste blog.

 

Tantos exames acaban por levar á extenuación a calquera e loxicamente, a miña cabeza está máis ocupada en cuestións matemáticas, físicas e biolóxicas.

Porque si, a outras persoas o de escribir en blogs dáselles de perlas. Póñense diante de calquera aplicativo informático con conexión a redes sociais e ála! nunha volta de man teñen noticias e noticias e comentarios a esas noticias e máis comentarios… Eu non, eu pénsomo…

 

E mira por onde falando de redes sociais e aínda que non sexa de gran relevancia, vénseme a testa se sabedes que en 2018 Facebook tivo que pagar unha multa a protección de datos, de 600.000 dólares, 300.000 por aplicación (watshap e Facebook) por obter información sen consentimento expreso dos usuarios dos datos persoais que temos subidos a estas aplicacións? Aínda que ben mirado, a culpa non só a ten Facebook por vender a nosa intimidade ao mellor ofertante, a culpa tamén a temos nós que non velamos por ela e dános igual quen acceda aos nosos datos porque, ignorantemente pensamos que os nosos datos están a salvo. Ja, ja!

 

Así nos atopamos con declaracións de Mark Zuckerberg que afirma unha e outra vez que a privacidade dos usuarios é a máxima prioridade da compañía, aínda que visto o visto, igual sería bo que considerásemos se é necesario ter datos persoais subidos á rede. Datos como a cidade na que vives ou o colexio ao que vas ou fuches, parecen datos inofensivos, pero quizais non o sexan tanto e expertos neste tipo de cuestións dinnos que tipo de información deberiamos eliminar deste tipo de aplicacións, para sempre.

 

Por nomear algúns destes datos:

 

1. Aniversarios: A data na que naciches é unha parte importante da información pola que algúns pagarían xa que, unida ao teu nome e á túa dirección, un hacker podería acceder con facilidade a datos como a túa conta bancaria.

 

2. Número de teléfono: Calquera persoa con malas intencións pode volver a túa vida do revés se non para de chamarche.

 

3. Datos dos teus amigos/ as. Se xa é perigoso que accedan aos teus propios datos, imaxina o que supón o feito e a responsabilidade que comporta que poidan a través túa saber das túas compañías.

 

4. As fotos de nenos pequenos, non só polo feito de que son “menores” e debes velar pola súa privacidade senón tamén, e iso está a crear certa controversia ultimamente, por se estes nenos e nenas cando sexan adultos quererán ver toda esta información publicada sobre eles.

 

5. Información sobre onde van os menores á escola (fillos, irmáns, etc). É obvio cal é o problema, sen máis...

 

6. Deixa de etiquetar a túa localización. Se o fas cando estás na casa, a túa dirección saltará directamente en liña e estará dispoñible para todos os teus contactos de Facebook.

 

7. Cando e onde estás de vacacións. Que lle importa a ninguén onde te vas ou onde estás ou o ben que o estás pasando excepto aos teus verdadeiros/as amigos/as. Pois chámalos e cóntasllo ou sacas fotos e cando volvas llas mostras para que saiban o ben que o pasaches e o bonito que é todo.

 

8. E xa para rematar a xogada, aquelas persoas que se van de viaxe e colgan as fotos das tarxetas de embarque dos voos. O código de barras da tarxeta de embarque é único e se o fotografías e o sobes a Facebook, corres o risco de que sexa utilizado para atopar a información que lle deches á compañía de viaxe.

 

E isto só para empezar…

 

En fin, vivimos permanentemente conectados ás redes sociais e parece que se non publicamos a nosa intimidade deixamos de existir. Somos tan importantes cantos máis seguidores temos ou cantas máis visitas fan ao noso Instagram. Semella que só existimos se estamos conectados á rede. É o de sempre…

abusamos e abusamos ata que a corda ténsase tanto que nos acaba dando en todos os morros!

 

Nas nosas mans está o saber utilizar as redes sociais con cabeza porque de verdade que son útiles, pero sempre que se usen sen terceiras intencións.

 

Ao final, ata o título semella o dunha película de medo. É so cuestión de poñerse.

 

Ata a semana que vén amigXs.

 





Clara María Domínguez Iglesias

1°BACH A/N°8



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2019 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal