Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta incrementa nun 50% as axudas para formación especializada en Galicia dos mozos galegos que viven no exterior
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda informou, tras a reunión semanal do Consello da Xunta, que o Goberno galego aprobou a convocatoria de 150 bolsas de excelencia para os mozos e mozas galegos que viven fóra poidan así completar a súa formación especializada na nosa comunidade.

Alfonso Rueda indicou que, debido á gran acollida que estas bolsas tiveron en anos anteriores, a Xunta decidiu dar continuidade a esta iniciativa incrementando ademais nun 50% tanto o número de prazas como a dotación económica, que supera nesta convocatoria os 1,1 millóns de euros.

O vicepresidente da Xunta fixo especial fincapé en que esta convocatoria de axudas está enfocada a que rapaces e rapazas que viven no exterior, completen aquí os seus estudos e deste xeito poidan quedar a traballar aquí e fixar a súa residencia en territorio galego, xa que as bolsas teñen como obxectivo que galegos e galegas residentes no estranxeiro con título universitario de grao, licenciatura, enxeñería ou arquitectura e un currículo brillante poidan cursar un máster nunha universidade galega.

Segundo palabras do titular da Vicepresidencia, “en só tres anos, a Xunta está a facilitar o retorno de 550 mozos galegos do exterior grazas ás axudas para formación especializada en Galicia, tanto as BEME, convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración, como as do ciclo superior de FP, convocadas pola consellería de Educación.

Nas anteriores convocatorias destas axudas atendéronse solicitudes procedentes de países como Venezuela, e de países como Arxentina, Brasil, Uruguai, Reino Unido, México, Chile, Alemaña, Francia, Panamá, Cuba, Bolivia, Bélxica, Andorra, Austria, Canadá, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Emiratos Árabes Unidos, Estados Unidos, Guatemala, India, Paraguai, Perú, Polonia ou Portugal, entre outros”.

As axudas están destinadas a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención en Galicia, e van dende os 7.000 euros ata 11.475 euros, segundo o número de créditos con que conte cada curso. Os beneficiarios teñen que ser galegos por nacemento ou descendente por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior, e estar admitido na preinscrición dalgún dos másters das universidades galegas.

Beatriz Abundancia, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-02-2019 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal