Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os galegos Trajano!, en South by Southwest con Sounds from Spain Trajano!
As bandas Baywaves, Delaporte, Diego Guerrero, Pipo Romero, Trajano! e Twanguero actuarán os días 13 e 14 de marzo dentro da programación oficial de South by Southwest (SXSW) coa plataforma Sounds from Spain, da que forma parte a Fundación SGAE e que ten como obxectivo a promoción da música española no exterior.
Esta feira celebrarase do 11 ao 17 de marzo de 2019 no recinto feiral Convention Center de Austin (Texas, Estados Unidos) e nela os músicos españois poderán mostrar ante profesionais de todo o mundo o seu traballo en dous concertos.
O primeiro deles, que se celebrará o 13 de marzo, terá lugar polo día e ao aire libre xunto ao Centro de Convencións de Austin, mentres que o segundo celebrarase pola tarde, nun dos locais máis emblemáticos da Rúa Sexta de Austin.
Ademais destes concertos, Sounds from Spain organizará un pavillón oficial no mercado, onde estarán presentes nove empresas destacadas da industria musical española: Artist on the way, Carlos Muñoz Jiménez, Ground Control, Kamala Producións, Love Supreme, Planet Events, Producións Submarinas, Vacas Management e Wearewolves records.

Raúl Rodríguez, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-01-2019 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal