Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia, Asturias e Castela e León presionan polo corredor ferroviario

Os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León reeditarán este luns en Santiago os seus xa recorrentes cumes autonómicos para loitar por intereses conxuntos cunha soa voz. Nesta ocasión, o tema que centrará o encontro das comunidades situadas no noroeste de España será o corredor atlántico ferroviario de mercadorías, que Bruxelas aceptou incluír no novo marco de investimentos que se abre a partir do 2021 pero que ten aínda demasiados flocos soltos. A reclamación busca que a rede gañe en eficacia á vez que se engancha aos ramais europeos aos portos asturianos e os da Coruña e Vigo.

A reunión celebrarase no Gaiás, onde Alberto Núñez Feijoo (PP), Javier Fernández (PSOE) e Juan Vicente Herrera (PP) compartirán protagonismo con asociacións empresariais das tres comunidades -que foron as que impulsaron inicialmente a reivindicación-, representantes sindicais, a Plataforma Atlántico Noroeste e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal