Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTINÚA O AVANCE DA GRIPE CON SETE MORTOS CONFIRMADOS EN GALICIA
A gripe chegou a unha situación epidémica en Galicia e agora mesmo, só Extremadura non está nesta situación. De momento os hospitais galegos confirmaron sete falecidos nos que cinco deles non estaban vacinados. Desde que a gripe comezou a circular houbo 290 ingresos aínda que a maioría foron dados de alta.

O Sergas ampliou a campaña de vacinación ata o 25 de xaneiro; aínda que o período para inmunizarse ía rematar en decembro nun comezo. O feito de que se pospuxese a onda fixo que a Xunta decidise ampliar este prazo. Dos 290 pacientes que foron ingresados, 253 tiñan que se vacinar por ter algún factor de resgo ou por estar nun colectivo diana, como é o das persoas maiores.

En España a situación é similar. A incidencia de gripe é de 205,3 casos por 100000 habitantes e todas as comunidades atópanse en plena fase de ascenso da onda epidémica. Circulan de forma maioritaria dous virus, o da pandemia da gripe A e o A (H3N2). Rexistráronse tamén oito brotes en tres comunidades autónomas, catro en institucións sanitarias, tres en xeriátricos e un nun centro educativo.


Noa Varela Varela
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal