Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A caída libre de 71 metros
O corpo de Julen presenta dúas fracturas na cabeza “compatibles” coa caída libre de 71 metros que o neno sufriu ao precipitarse polo angosto pozo da leira duns amigos, segundo puido saber O Xornal de fontes do caso. Julen, de dous anos, sufriu ademais múltiples traumatismos, segundo despréndese do informe preliminar da autopsia practicada onte, unha vez que o cadáver foi rescatado das entrañas do Cerro da Coroa, en  Totalán (Málaga) na madrugada do venres ao sábado. Trece días despois dunha “carreira de obstáculos contra a montaña” cuxa resistencia acabaron vencendo os integrantes da Brigada de Rescate Mineiro de Asturias, encargados de abrirse paso ata o menor.

Un silencio “absoluto e resignado” impúxose na boca do pozo cando os mineiros comunicaron, ao redor das 1.25 horas  da noite, que localizaran o corpo de Julen, segundo detallou á primeira hora o delegado do Goberno en Andalucía, Alfonso Gómez de Celis. O neno atopábase sepultado entre dúas masas de terra na cota de 71 metros que a Garda Civil sinalaba constantemente para preparar o dispositivo. Aínda que inicialmente o pocero que realizou a perforación de 25 centímetros de diámetro asegurou que furara  o monte ata os 110 metros en busca de auga, o certo é que o pozo estaba cegado no seu último tramo, e o neno parouse aí ao precipitarse dentro.




Rodrigo Míguez Fernández

1°BACH B/N°5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal