Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

España identificará a Guaidó como presidente se Maduro non convoca eleccións
España recoñecerá nos próximos días ao líder, opositor e presidente da Asemblea venezolana, Juan Guaidó baixo o título de “presidente encargado” da nación, se Maduro no accede a celebrar eleccións plenamente democráticas e baixo control internacional, nun prazo de tempo determinado.


No encontro coa prensa, posterior ao Consello de Ministros, o ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrel confirmaba; que se non se consta a menor vontade por parte de Maduro dunha chamada as urnas nun “prazo temporal”, o ata agora presidente deixará de ser recoñecido como tal.


Para España e a diferenza doutros países da UE, o que está acontecer en Venezuela, é un asunto de política interna. Pedro Sánchez, actual presidente de España, mantivo diversas conversas coa canciller alemana, Angela Merkel e o presidente francés Emmanuel Macron, entre outros líderes europeos para falar da súa postura ante o conflito venezolano. Debemos engadir, as reunións de Sánchez cos presidentes de Ecuador, Lenin Moreno; Colombia, Iván Duque; y Costa Rica, Carlos Alvarado, quenes pedíronlle ao presidente español que liderase na UE o recoñecemento do autoproclamado presidente interino. Recordándolle que a UE non recoñeceu as eleccións a presidencia celebradas en maio, onde Maduro foi reelexido como presidente. Deixando en mans do representante español un papel esencial na consideración política do territorio venezolano.





Lucía Nieto Cancho

1°BACH B/N° 6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal