Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijóo pide ao Goberno que apoie "inequivocamente" a Guaidó como presidente "democrático" de Venezuela
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este xoves ao Goberno central que apoie "inequivocamente" ao líder da Asemblea Nacional de Venezuela e autoproclamado este mércores presidente deste país, Juan Guaidó, xa que foi "elixido democraticamente" polo pobo.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Goberno, Feijóo instou a Pedro Sánchez a dicir "que está a favor da democracia" no estado latinoamericano onde, segundo as súas cifras, viven uns 40.000 galegos, polo que é unha cuestión que "interesa moitísimo" a Galicia.
Neste sentido, demandou ao Executivo central que "non estea condicionado por ningún socio" de goberno como Podemos, partido que, segundo o líder autonómico, mantén unha postura "tan coherente como antidemocrática" ao apoiar a Nicolás Maduro como presidente.
Ademais, Feijóo mostrouse partidario de que Guaidó "tutele de forma transitoria" unhas eleccións "con todas as garantías" para elixir "un novo goberno en Venezuela".

E é que, segundo as súas palabras, no país ocorren "cousas impropias desde o punto de vista democrático" e está "nunha situación límite" desde o punto de vista "asistencial, de dereitos e liberdades"

Ángela I. Baig 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal