Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ATHLETICA VATICANA PODERÍA PARTICIPAR NAS PRÓXIMAS OLIMPÍADAS
O Vaticano é ademais da Santa Sede do catolicismo, un país de menos dun quilómetro de extensión e como calquera outro ten os seus propios equipos deportivos. Contan coa Selección de Fútbol da Cidade do Vaticano, formada por traballadores e gardas membros da Garda Suíza (a policía do Papa), do Consello Papal e algúns empregados dos museos. Con todo non forman parte nin da FIFA, a UEFA nin do Comité Olímpico Internacional polo que nunca participaron en campionatos oficiais polo que é o único país que nunca participou nos Xogos Olímpicos.
Pero isto podería cambiar porque o Vaticano creou o seu propio equipo de atletismo de alta competición formada por curas, monxas e por suposto membros da Garda Suíza, sen dúbida os máis preparados .No caso deste equipo, a Athletica Vaticana, xa forma parte da Federación Italiana de Atletismo, polo cal poderá participar en eventos oficiais como os Xogos dos Pequenos Estados ou os Xogos Mediterráneos. Aínda que o obxectivo final é que poidan participar nos Xogos Olímpicos pois para eles sería un soño ver a bandeira da Santa Sede entre as que aparecen na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos. pero a realidade é que as probabilidades de que vaian aparecer na cerimonia de inauguración de Tokio 2020 son poucas, a non ser que ocorra un milagre.
De momento este 20 de xaneiro debutaron polas rúas de Roma na súa primeira carreira oficial en “A Corsa dei Miguel”. Entre os 60 atletas de elite que forman o equipo, destaca a figura dun cura de Toledo, Melchor Sánchez de Toca, presidente de Athlética Vaticana e subsecretario do Consello Pontifico da Cultura namorado da maratóns desde hai moitos anos, e que agora esta encantado de poder relacionar esta paixón co seu labor en Roma aínda que os resultados non sexan tan inmediatos como eles quixeran.

Jaime Eiriz
1º Bach.A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal