Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e Lugo a partir de mañá
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará a primeira hora da mañá do domingo 27 de xaneiro e que afectará aos litorais da Coruña e Lugo.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará ao redor das 8 da mañá no litoral oeste e noroeste da Coruña e Lugo. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros.
Por mor do temporal costeiro que afectará a todo o litoral, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotores, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.

Lucía Alvarellos 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal