Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Suspenso de misas na Catedral de Santiago
A catedral de Santiago deixará de celebrar misas por obras durante doce meses
A catedral de Santiago de Compostela deixará de acoller a celebración de misas a partir do próximo luns (28/01/2019) polas obras que se desenvolverán no interior da nave durante doce meses, anunciou a Igrexa católica. Nun comunicado sinala que as obras, "polo seu alcance e magnitude farán imposible manter a normal actividade no altar maior, naves e nas capelas da basílica", polo que as cerimonias de culto desenvolveranse noutras igrexas da cidade.
Así, a misa diaria do peregrino, ás 12:00 horas, celebrarase na igrexa de San Francisco e as "principais solemnidades e festas", tales como a que tradicionalmente leva a cabo para honorar a ese apóstolo, o 25 de xullo, desenvolveranse na de San Martín Pinario. A catedral permanecerá aberta de 09:00 a 19:00 horas e será "accesible a fieis, peregrinos e visitantes", aínda que estarán "acoutados" os espazos en obras, pero "poderase realizar o rito do abrazo ao apóstolo no seu camarín e descender á cripta apostólica", engade. Tamén precisa que a única porta que permanecerá aberta será a da praza de Praterías, tanto de entrada como de saída, durante o período dos traballos e mentres que a do Pórtico Real só será de saída, e o acceso por Azabachería quedará reservado para os traballos.
A catedral compostelá foi sometida a un ambicioso programa dun custo duns 20 millóns de euros para preservala do risco de deterioración por filtracións de humidade detectadas no exterior do edificio, que inclúe unha serie de obras de reparación nas cubertas e a fachada occidental para frear a erosión da pedra, así como do Pórtico da Gloria, unha xoia do románico que perdeu parte da súa cor. As obra nos próximos meses inclúe unha serie de traballos na estrutura das bóvedas no interior da nave e a restauración das fachadas sur e oriental, así como a denominada torre do tesouro e parte das cubertas.
Susana Velasco
1° Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal