Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Facebook integrará as plataformas de mensaxería de WhatsApp, Facebook Messenger e Istagram.
Mark Zuckerberg, o conselleiro delegado de Facebook quere fusionar na mesma estrutura os tres principais servizos de mensaxería da sua compañía, Instagram, Whatsapp e Facebook Messenger, co obxetivo de competir dunha maneira máis eficiente cos servizos de mensaxería de Google e o iMessage de Apple.
Tres aplicacións nunha?
Así é, exaxctamente como estás lendo. Facebook integrará os servizos de mensaxería de WhatsApp, Instagram e Facebook Messenger. Facebook porá a traballar a miles de traballadores para reconfigurar toda a operación das tres aplicacións. Está previsto para finais deste ano ou a principios de 2020. Permitirá que as tres aplicacións funcionen de xeito independente, pero ao mesmo tempo os seus chats funcionarán nunha soa aplicación. Deste xeito, un usuario de Messenger, pode contactar a unha persoa que só usa WhatsApp. Isto implica unha operación radical por parte da empresa, xa que WhatsApp e Instagram actúan de xeito independente.
Os empregados de WhatsApp non están tan felices con esta proposta: Tras unha reunión que contou coa presenza do conselleiro delegado de Facebook e varios inxenieiros de WhatsApp, os empregados de WhatsApp preocupáronse por esta proposta, xa que esta integración moi posiblemente debilite a seguridade e degrade aínda máis a privacidade da plataforma. Zuckerberg explicou que ten como obxectivo que todas as conversas de mensaxes das tres aplicacións sexan cifradas de punta a punta. Este cifrado xa se usa en WhatsApp dende fai varios anos.
WhatsApp está a piques de superar a Facebook como a aplicación máis popular do mundo. Isto é fruto da mala reputación que levou a rede social Facebook. Adicionalmente, Facebook sufriu unha grave crise debido a filtración de millóns de perfís para a campaña electoral que levou a Donald Trump ao poder. Esto provocou que máis de 80 millóns de usuarios pecharan a súa conta de Facebook, provocando unha caída de 37.000 millóns de dólares para a compañía. Neste momento, só permanece nunha idea, verase neste ano se finalmente ter lugar esta medida, pero como sabemos Facebook é a peor opción en canto a privacidade se refire e debería considerar medidas adecuadas para non comprometer os valores de privacidade de WhatsApp e Instagram.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal