Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cinco galegos optan a ser o cociñeiro revelación do Fórum Gastronómico
A Coruña converterase no epicentro da gastronomía galega. Será entre o 10 e o 12 de marzo cando ExpoCoruña acollerá o Fórum Gastronómico que decidirá, entre outros premios, quen é o cociñeiro revelación do ano. Baixo o epígrafe Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico, cinco finalistas galegos optarán a alzarse con este galardón: Alén Tarrío, do restaurante Pampín, en Santiago; Adrián Fuentes , de Abisal en Vigo; Víctor Fernández, de Morrofino, tamén en Vigo; Gerson Iglesias , de Adega de Caldas, en Ourense e Carlos González, de Merenzao en Sober.

«O Fórum Gastronómico recoñecerá o labor dos cociñeiros emerxentes que utilizan produtos de proximidade, teñen sensibilidade coas producións ecolóxicas, colaboran xunto cos produtores locais e fan difusión destes valores», explica Pep Palau, un dos directores do evento, sobre os criterios que o xurado terá en conta á hora de fallar o premio, que se dará a coñecer o domingo 10 de marzo, no Auditorio.

Aitana Lanzós 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal