Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A mensaxe de amor desesperanzado nunha biblioteca da Coruña

«Agasallo do meu único amor, que nin sequera se acordou de dedicarmo (nin eu de pedirllo)». A mensaxe podería ser un poema en si mesmo. Da súa autora ou autor só sabemos o pseudónimo co que o asinou: Cadela Vida. Elixíaa foi descuberta por unha das traballadoras da Biblioteca Municipal Sacra Familia.

Está en a primeira páxina dun libro desbordante tamén de metáforas, A extracción da pedra de tolemia. Outros poemas, da arxentina Alejandra Pizarnik (Buenos Aires, 1936-1972). A nota, neste caso, non está suxeita a sanción xa que a peza literaria é unha doazón. «Pareceume unha mensaxe moi bonita e quixen compartilo», conta Julia Varela.

A imaxe da dedicatoria subiron á conta de Instagram da Rede de Bibliotecas Municipais co título: «Donativos deseperanzados». Como está na mesma páxina onde aparecen os créditos da publicación, foi imposible arrincar a folla. «Non puidemos eliminala, así que a deixamos», engade Varela.

Paula Vázquez Dacruz 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal