Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN BEBÉ DE DOUS MESES INGRESA NA UCI TRAS RECIBIR UNHA MALLEIRA DO SEU PAI
O bebé de dous meses presuntamente agredido polo seu pai e que se atopa na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Vall d' Hebron de Barcelona, desde polo menos o sábado pasado, ten signos de malos tratos anteriores, segundo informaron fontes coñecedoras do caso.

A principios de semana os médicos empezaron a sospeitar de que o neno sufrira malos tratos, e interrogaron aos pais, que negaron os feitos aducindo que probablemente o neno deuse "algúns golpes".

Por mor das sospeitas o equipo médico activou o Protocolo de malos tratos infantís da Generalitat.

O bebé sofre un hematoma na cabeza, un brazo fracturado e tamén "cinco costelas rotas con callo", o que indica signos de malos tratos anteriores, explicaron as mesmas fontes.

Protocolo de malos tratos infantís Na activación do protocolo os responsables sanitarios avisaron á Dirección Xeral de Atención á Infancia e a Adolescencia da Generalitat e aos Mossos d'Esquadra en aplicación do Protocolo catalán de malos tratos infantís.

O pai do neno, un mozo de 21 anos de nacionalidade uruguaia, foi detido este xoves nunha poboación da comarca do Maresme (Barcelona) por maltratar ao seu fillo, cuxa nai é unha moza catalá de 18 anos.


ALBA MILLÁN BORRAJO 4ºB

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal