Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O GOBERNO DECLARA DE “INTERESE NACIONAL” O ENTROIDO DE XINZO

A secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Isabel María Oliver Sagreras, comunicoulle á directora de Turismo de la Xunta de Galicia, Nava Castro, a decisión de conceder ao Entroido de Xinzo de Limia (Ourense) a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Así o informou o Concello de Xinzo de Limia a través da súa páxina web, na que concreta que esta decisión, que se deu a coñecer este martes, foi comunicada o pasado 14 de xaneiro á responsable de Turismo do Goberno galego. Á súa vez, informou que se renovará o cartel, xa presentado o pasado mes de decembro, no que se incluía a denominación de Festa de Interese Turístico Nacional.

Neste sentido, o alcalde do municipio, Manuel Cabas, asegurou que supón “un orgullo” que o Entroido de Xinzo, que é “marabilloso” e “realmente un sentimento”, obteña “un recoñecemento importante” e destacou o seu carácter “participativo”.



Paloma González González 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-01-2019 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal