Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cando investigar convértese nun traballo de risco

Moitos científicos pasan longas tempadas fóra dos seus países realizando traballo de campo e enfrontándose a riscos que poderían comprometer non só a súa investigación, senón tamén a súa vida. Ante estas situacións hostís, as medidas de protección non sempre son suficientes.
Cada día centos de persoas tentan cruzar as fronteiras de Europa arriscándoo todo. Cando alcanzan o ansiado continente, o seu calvario non fai máis que empezar. Acompáñalles a inseguridade e a ameaza de ser expulsados duns estados membros que nalgúns casos recrudecen as súas políticas migratorias de deportación.
Na última década, España, por exemplo, ha deportado a unhas 100.000 persoas, pero as cifras foron descendendo de 46.731 persoas en 2008 a 20.091 no ano 2015, segundo o Ministerio de Interior..
Para comprobar sobre o terreo como se executan estes procesos, un equipo de científicos da Universidade de Ámsterdam mergullouse desde 2014 na rutina das unidades estatais de identificación, arresto, detención e deportación de inmigrantes, e interrogou a axentes estatais (policías, xuíces, avogados, persoal dos centros de detención, oficiais en ministerios, etc.) e da sociedade civil, como organizacións sociais locais e internacionais, movementos comunitarios e organizacións relixiosas.
O proxecto, chamado SOLIDERE (Social Life of Deportation Regimes) e liderado polo antropólogo Barak Kalir, estuda en cinco anos un tema pouco explorado ata o momento: os réximes de migración en países como España, Grecia, Francia, Rumania, Países Baixos, Ecuador e Israel. A súa tarefa estivo repleta de obstáculos.

Tomás Leis Bravo 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal