Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijóo di que hai sectarismo na política española como apuntou Rajoy: no PSOE, Podemos e o independentismo
Afirma que só pode sorrirse ante Vox, que se cre "a autenticidade profunda" e ao que lle veu "moi ben" o radicalismo da política

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que comparte a advertencia contra o sectarismo que onte lanzou o ex presidente do Goberno Mariano Rajoy na Convención Nacional do PP e asegurou que se dá no PSOE, a esquerda radical e o independentismo, sen mencionar a Vox.

"Non podemos caer no sectarismo do independentismo, nin no do populismo nin no sectarismo do actual PSOE", dixo Feijóo preguntado polo discurso de Rajoy, co que dixo que é moi difícil non estar de acordo.
Feijóo cargou especialmente contra os socialistas porque na súa opinión abriron camiño ao sectarismo na política co chamado 'pacto do Tinell', asinado en 2003 en Barcelona entre o PSC, ERC e ICV para formar Goberno en Cataluña e como "esconxuro para que o PP nunca puidese gobernar". "A partir de aí veu unha deriva que estamos a padecer", engadiu o dirixente galego.
Preguntado por Vox, ao que non fixo mención na súa primeira resposta, dixo que a Convención Nacional organizouse para falar do PP e non dalgúns que se cren "a autenticidade e a verdade máis profunda" e aos que o populismo e o radicalismo "veulles moi ben".

Asegurou que o seu partido leva 40 anos defendendo a Constitución e fronte ao nacionalismo, polo que só pode "sorrirse" ante determinadas mensaxes e explicar aos cidadáns que "só" hai dúas opcións electorais: o PP como "partido moderado de centro dereita reformista" ou a esquerda radical e o independentismo.

Ángela I. Baig 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal