Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A neve complica a circulación en municipios galegos de montaña.
Tras as complicacións vividas este venres nas estradas do interior de Pontevedra, no inicio do fin de semana son as vías da montaña lucense e ourensá as que acumulan as chamadas a extremar a prudencia. Desde primeira hora da mañá, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomenda transitar con precaución na A-52 ao seu paso polo concello ourensán da Mezquita entre os quilómetros 113 e 124 e en ambos os sentidos pola presenza de neve. Ademais, outras estradas secundarias da provincia, sobre todo as que se atopan en zonas altas, amenceron nevadas, polo que se pide circular con especial coidado.
Na provincia de Lugo é a Deputación a que aconsella transitar con moita precaución polas estradas de dez municipios de montaña: Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. O dispositivo de inverno posto en marcha polo organismo provincial traballa no acondicionamento de máis dunha trintena de vías nos concellos das áreas de montaña e do sur lucense para lograr desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve que chegaron a alcanzar os cinco centímetros.


Aitana Lanzós 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2019 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal