Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O comercio comerciante polo miúdo galego ofrece rebaixas 2 de cada 3 días

Os pequenos negocios planean boicots contra este modelo de saldos constantes. Lamentan que as grandes multinacionais cren coleccións específicas para estes períodos

Esta mesma semana, só uns días despois de que dese o pistoletazo de saída o clásico período de rebaixas de xaneiro, nas redes sociais dun bo número de comerciantes galegos comezou a circular un vídeo no que un consumidor revelaba como un dos buques insignia do téxtil mundial xogaba cos prezos da súa roupa, e xa que logo co diñeiro dos seus clientes, ao seu antollo. A reprodución, de apenas medio minuto, non deixa lugar a dúbidas. Un consumidor, poñamos Juan, observa nunha etiqueta dunha peza vaqueira o prezo orixinal do produto: 69,90 euros. Encima, outro importe indica un desconto: 49,50 euros. Ata aquí o normal, pero un agudo Juan levanta coas uñas o pegote de papel e descobre que o prezo impreso, o que revela o que realmente custaba a peza, marca 39,90 euros.

Juan García Ocampo 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal