Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MÁIS DE 2.000 PERSOAS ESIXEN NA CORUÑA UNHA SOLUCIÓN PARA ALCOA

Máis de dous mil persoas manifestáronse este domingo na Coruña contra o peche das plantas que a multinacional do aluminio Alcoa posúe na localidade galega e na asturiana de Avilés e pediron ao Goberno unha solución que evite o despedimento dos traballadores.

A manifestación, que arrincou ao mediodía da praza da Palloza na Coruña e percorreu as rúas da cidade ata a Delegación do Goberno, foi encabezada por unha pancarta portada por nenos que rezaba “Alcoa déixanos sen futuro” e con cánticos como “Alcoa non se pecha”, entre fume de bengalas, e coa presenza de representantes políticos do PP, En Marea, PSdeG e BNG, así como do alcalde, Xulio Ferreiro, de Marea Atlántica.

Os traballadores de Alcoa alertaron de que, no caso de que non se atope unha solución, o 15 de xaneiro a multinacional norteamericana fará efectivos os despedimentos anunciados. “A inquietude é moi grande e é normal que a xente manifeste o seu enfado co que está a pasar”, sinalou ó presidente do comité de empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho.
“Sóbrannos motivos para estar enfadados. Hai moito apoio político e moi boas palabras pero ao final non se define unha aposta do Goberno”.

Paloma González González 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal