Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Colectivos animalistas piden unha opción vexetariana nos comedores escolares de Galicia
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber sinalou a necesidade de que Galicia siga os pasos do País Vasco, Chile, Arxentina e Portugal e posibilite a inclusión dunha opción vexetariana nos comedores que dependan de administracións públicas ou de servizos ás mesmas a través de concesións.

A proposta baséase no respecto á diversidade e en fomentar a calidade dos servizos de comedores públicos, xerando alternativas saudables para aquelas persoas que deben participar dos mesmos; dende os comedores en recintos escolares xestionados por AMPA ou empresas privadas ata cantinas de institutos e das diferentes facultades universitarias.

A iniciativa de ambos colectivos susténtase nas estimacións sociolóxicas como a da consultora Lantern, que reflexa que un 7,8 da poboación española é vegana ou vexetariana.

Resaltan que o incremento da oferta de restauración nos diferentes municipios da cidade coa apertura de novos negocios ou a inclusións nas súas cartas de cada vez máis pratos con produtos de orixe vexetal renunciando ás súas versións con carne e pescado.

Tamén resaltan que os poderes públicos deben garantir que un neno polo mero feito de ser vexetariano, poida alimentarse no comedor da súa escola cunha opción segura e adaptada á súa necesidade.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal