Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O soporte de Windows 10 mobile xa ten data de caducidade.
Microsoft remata oficialmente o soporte a Windows 10 Mobile por medio dun documento de soporte no que indica o día que deixarán de actualizalo e recomendando cambiar a un iPhone ou un teléfono Android.
Microsoft admite oficialmente a derrota na batalla polos sistemas operativos móviles e recomenda aos poucos que aínda usan Windows 10 Mobile que se cambien a dispositivos iOS ou Android.
Fíxose por medio dun documento onde se explica que a partir do 10 de decembro de 2019, Microsoft deixará de dar soporte ao sistema operativo, é dicir, non máis actualizacións e non máis parches de seguridade.
WIndows 10 Mobile é o sistema operativo sucesor de Windows Phone, un sistema operativo orientado a móviles de nova xeración que Microsoft desenvolveu como resposta ao iPhone e a Android. Foi anunciado durante o Mobile World Congress 2010 e foi lanzado en novembro do mesmo ano.
Lanzouse xunto a dez dispositivos fabricados por marcas incluíndo HTC, Dell, Samsung e LG. A súa interfaz gráfica, chamada Metro, era sumamente distinta a iOS e Android, que durante o seu desenvolvemento inicial era una copia do OS de Blackberry pero visto o éxito do iPhone cambiaron o diseño para ser o máis parecido posible ao iPhone.
A industria creeu que Windows Mobile sería, co paso do tempo, tan relevante, instalado e usado como iOS ou Android, sobre todo polo acordo que fixo Microsoft con Nokia para que se converta no sistema operativo oficial dos seus smartphones.
Microsoft terminou comprando Nokia, intentando empurrar ao mercado tanto a súa nova división de teléfonos inttelixentes como o sistema operativo que cada día menos fabricantes utilizaban a falta de uso por parte dos cos consumidores.
Co tempo, Windows 10 Mobile sólo era instalado en móviles de marca Nokia, división que desapareceu anos despois, xa que Microsoft deixou de fabricar teléfonos, a líña Lumia foi un fracaso. O último dispositivo lanzado, o Lumia 650, foi fai case tres años, en febreiro de 2016.

David Santeiro
1° Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2019 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal