Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Almuiña apunta que Galicia baixou 5 días en 2018 a espera cirúrxica e "non houbo limitación" de novos tratamentos
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, avanzou este venres que Galicia pechou o ano 2018 cunha espera cirúrxica media de 61,6 días, a "cifra máis baixa da historia", que supón 5 xornadas menos que a rexistrada ao peche do ano anterior, algo que atribuíu á "suma de esforzos" de todos os profesionais do sistema.

Así o apuntou durante a súa intervención na sesión deste venres da Comisión de investigación parlamentaria sobre os efectos dos recortes na sanidade galega, onde asegurou, ademais, que en Galicia "non houbo limitación a tratamentos novos" e que a prescrición farmacéutica tivo na Comunidade unha "accesibilidade total" por parte dos pacientes, en particular para os enfermos de hepatite C, por cuxos fármacos "sempre se apostou".

O conselleiro aproveitou a súa comparecencia para destacar que valora "enormemente as achegas" que se están facendo desde esta comisión, aínda que lamentou a ausencia dos grupos da oposición.

Do mesmo xeito, defendeu a xestión do seu departamento e os resultados obtidos, tras o que asegurou que "a sanidade pública galega é a mellor dotada da historia", xa que nela "traballan máis profesionais que nunca", conta "coa tecnoloxía máis avanzada" e "con máis e mellores centros de saúde" e "hospitais máis modernos". "E nela investimos máis recursos que en ningún outro momento", engadiu.

Os servizos sanitarios, dixo o conselleiro, "aumentaron significativamente nos últimos 10 anos en cantidade e en calidade", mentres que o orzamento que a Xunta dedica á sanidade pasou de 2008 a 2019 do 33% do total ao 40,5%. Almuiña eloxiou durante a súa intervención aos "magníficos profesionais" cos que conta a Xunta, "comprometidos" co sistema e con "unha formación que se pode comparar con calquera outro país" de "nivel moi alto". "É un dos mellores sistemas que hai neste momento", ratificou.
Beatriz Abundancia, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2019 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal