Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cruz Vermella sae en busca dos sen teito en plena onda de frío
No medio da onda de frío que azouta a cidade estes días, Cruz Vermella sae á rúa para informar e apoiar ás persoas en situación de rúa. "Informamos sobre como protexerse das baixas temperaturas, que saiban como achegarse aos recursos normalizados... O obxectivo é que saiban que lles podemos axudar", explica Diego Conde, técnico do programa de atención a persoas sen fogar de Cruz Vermella, financiado pola Xunta de Galicia. Durante o pasado ano, a entidade atendeu a 380 sen teito, dos que máis de 200 estaban "de paso". "Aínda así, son moitas persoas para unha cidade como Ourense", apunta Conde.
Para iso, un grupo de voluntarios coordinado por persoal da organización realiza saídas periódicas, diúrnas e nocturnas, polas rúas da cidade. "Como mínimo saímos unha vez cada dúas semanas pola noite", comenta José Joaquín Galicia, outro dos técnicos do proxecto. As diúrnas, pola súa banda, realízanse diariamente.

Onte á noite, unha decena de persoas reuniuse na sede de Cruz Vermella en As Lagoas para levar a cabo una desas pequenas expedicións. Sobre as mesas, madalenas, luvas, termos e mantas. "Coa escusa do café achegámonos a eles e establecemos conversación", di Conde.
"Normalmente as persoas responden ben cando achegámonos, pero ti xa ves estanse receptivas", comentan dúas voluntarias do Comité Cidadá Anti-Sida, que desde hai uns meses participa nas saídas. " Hai xente á que xa coñecemos, coa que temos relación, e se hai casos novos hai que ir paulatinamente", engaden. Para José Bautista, outro dos participantes, a súa motivación é a de tentar facer "algo" por "alguén que o necesita". "Eu convidaría a toda a xente que non ten nada que facer a que se animase a vir connosco e axudar", engade.

A ruta é similar cada noite. Despois de visitar a Ponte Novísimo -onde reside Zé dá Silva-, os voluntarios desprázanse ata diversos caixeiros da cidade (Progreso, Xoán XXIII, avenida de As Caldas...) para ofrecer un café, mantas e, sobre todo, apoio.
Lucía López, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2019 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal