Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O loteiro de Lugo que ten una débeda de 91.254 euros.
Loterías do Estado pecha o despacho de Carrefour tras informar as súas dúas empregadas que falta o seu xefe. O responsable da Administración de Lotería 17 de Lugo, situado no centro comercial Carrefour, está en paradoiro descoñecido e cunha débeda a Loterías do Estado de 91.254 euros. As empregadas do local denunciaron o pasado venres na Comisaría da Policía Nacional que non dispuñan de diñeiro para facer fronte aos pagamentos dos premios dos clientes e que o seu xefe estaba en paradoiro descoñecido. Ante esta situación, Loterías e Apostas do Estado acudiu na tarde noite do venres ao local do Carrefour para retirar as terminais e recoller os décimos que se expuñan. O organismo de Apostas do Estado analizará toda a documentación. Os boletos abonados á administración trasladaranse á número 8, segundo informa Loterías do Estado.

Sofía Cougil García, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2019 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal