Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia dótase dun observatorio eólico coa vista posta no rural.
A Universidade de Vigo, a Fundación Juana de Veiga e a Fundación Illa Couto crearon o Observatorio Eólico de Galicia co obxectivo de realizar investigacións sobre o sector que sirvan para avanzar e ofrecer información a todos os interesados, fundamentalmente no medio rural.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o presidente da Fundación Illa Couto, Manuel Miexide, e o presidente da Fundación Juana de Veiga, Enrique Sáez, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para poder facer realidade este observatorio cun financiamento de 50.000 euros. Un organismo que tamén favorecerá a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e mostrará os impactos positivos que a enerxía eólica xera no mundo rural a través de asesoramento gratuíto aos axentes rurais.
O profesor titular da Universidade de Vigo pertencente ao departamento de Economía Aplicada e director do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecológica da Universidade de Vigo, Xavier Simón, será o coordinador e investigador principal responsable do observatorio.
Toda a información será publicada na páxina web do observatorio, que se aloxará nos servidores da Universidade de Vigo. En Galicia hai máis de 4.000 aeroxeradores nos máis de 120 parques eólicos que, sumados aos 3.000 megawatts en funcionamento e aos 7.000 megawatts admitidos a trámite e aínda non executados, xeraron nos últimos anos unha facturación de máis de 600 millóns de euros. Uns datos que fan que Galicia sexa "unha potencia" no que a enerxía eólica refírese, sentenciou o responsable deste novo observatorio.
Ester Barreira,2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2019 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal