Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIO NADAL DE NOVELA 2019
O Premio Nadal de novela é o premio literario máis antigo que se concede en España e pode presumir dos grandes escritores que mereceron este galardón, entre os que se contan importantes figuras da literatura española do século XX.
Trátase dun premio literario comercial que se concede desde 1944 á mellor obra inédita que foi creado pola revista Destino de Barcelona no ano 1944 (pertencente ao grupo Planeta desde 1988) , en homenaxe á memoria do que fose o seu redactor xefe, Eugenio Nadal Gaya (catedrático de Literatura), falecido ese mesmo ano sen chegar a cumprir os 28 anos.
Tamén é o premio literario máis antigo que se concede en España. A primeira obra merecedora deste galardón foi “Nada” , de Carmen Laforet e desde ese momento foron moitas as figuras importantes da literatura española do século XX que recibiron este galardón. Na actualidade a súa dotación é de 18.000 € e outórgase cada 6 de xaneiro, día de Reis. Desde 1958 entrégase no hotel Ritz de Barcelona.
Este ano o Premio Nadal de Novela recaeu sobre un escritor latinoamericano, feito que nos 75 anos que ten este galardón só había ocorrido en catro ocasiones.
O afortunado é o escritor arxentino Guillermo Martínez, escritor e matemático arxentino de 56 anos, que conquistou ao xurado coa obra “Os papeis de Guildford”, título orixinal do manuscrito que sairá á venda co nome de “Os crimes de Alicia”. Esta novela é a segunda parte da súa obra máis coñecida, “Os crimes de Oxford”, coa que Martínez gañou o Premio Planeta Arxentina e cuxa historia foi protagonizada por Elijah Wood (en 2008) no cinema baixo a dirección de Álex de la iglesia.
Nesta ocasión a acción sitúase no ano 1994 e alí atopámonos aos mesmos personaxes da súa obra máis coñecida. O profesor Arthur Seldom e o estudante Martin, que xa trataron de resolver os asasinatos ocorridos na mítica Universidade inglesa e que agora terán que enfrontarse a unha nova onda de crimes que parecen estar inspirados na “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carroll. É unha novela que de seguro será do agrado de moitísimos lectores de novelas de misterio.

Jaime Eiriz
1º Bach A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-01-2019 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal