Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha aplicación de vídeos breves
TikTok é unha aplicación de vídeos breves, ben editados e cunha variedade infinita de repertorio para o gusto adolescente. Hai de todo: playbacks de trap, bailes de hiphop, bobadas, desafíos para bailar ou disfrazarse, aspirantes a comediantes...

Todos os vídeos incluídos na app teñen menos dun minuto, aínda que poucos superan os 20 segundos. As opcións de edición que ofrece permiten moita máis elaboración que as stories de Instagram ou Snapchat. A app detecta as temáticas preferidas do usuario e ofrece unha ristra infinita de vídeos similares consecutivos, só navegando verticalmente. Un toque de pantalla cara á dereita permite ver e seguir ao creador da gravación. Todas as achegas pódense comentar e valorar. Non ten máis segredo .

Os usuarios con máis éxito adoitan xestionar tamén contas noutras redes sociais, como YouTube ou Instagram.

Entre decembro e xaneiro, TikTok foi unha das cinco apps máis descargadas en Estados Unidos e Reino Unido, e situouse entre as 10 primeiras en España, Francia e Alemaña, segundo App Annie. O seu dominio en Asia é máis humillante. En cambio, en América Latina só ten bos resultados en México. TikTok ten máis público entre os usuarios de Android que en Apple.

TikTok é de ByteDance, unha das startups financiadas con capital risco máis valorada do mundo. En 2018 Bytedance ingresou 8.000 millóns de dólares en publicidade, unha cantidade similar á que factura Instagram. O produto principal de ByteDance é TouTiao, un agregador de noticias que tivo conflitos coa censura chinesa.
En 2017, ByteDance comprou Musical. ly, que facía algo moi parecido a TikTok. En agosto de 2018, ByteDance fusionou Musical. ly con DouYin, a versión chinesa orixinal de TikTok. (Aínda que DouYin e TikTok seguen sendo dúas plataformas separadas).
China logrou crear marcas globais de hardware. Pero Bytedance pode converterse no primeiro gran xigante tecnolóxico que loite polo diñeiro publicitario con Facebook fose de China, de momento en India e o resto de Asia. O tempo medio de uso da app en China é de 31 minutos diarios. En Estados Unidos, de algo máis de 13 minutos.
O uso particular da intelixencia artificial na aplicación é outra vantaxe. Ao contrario que outras redes, TikTok ofrece a opción de ver un vídeo tras outro sen escoller nin seguir a ninguén. É como ver a tele sen mando. O software define patróns e ofrece máis contido relacionado co consumo habitual de cada usuario. A intelixencia artificial é tamén básica para as ferramentas de edición: "Esas funcións inclúen tecnoloxía de recoñecemento de imaxes, stickers 3D, filtros, ferramentas de edición e rodaxe", segundo explica un portavoz da compañía.

A idade dos usuarios de TikTok é tamén un risco. O límite está en 13 anos –e a app non deixa rexistrarse a ninguén con menos–, pero o software non sabe se amentes ou se simplemente navegas sen conta propia. "O público de TikTok ten 12-16 anos, é aínda máis novo que Snap ou Instagram", di Loreto Gómez, fundadora de Lady Tools, que traballa con influencers moi novas.
O esforzo da compañía é centrar a súa plataforma nos mellores creadores. Dous deles son Sky e Tami, que se definen como dous "artistas de profesión" desde antes de converterse "en parella comercial e influencers". Conseguiron máis de 3,7 millóns de seguidores en 11 meses en Musical. ly e TikTok: "Ao día dedicamos oito horas entre planificación do que imos gravar, preparación de escena, gravación e edición (se a hai). Ademais, facemos diariamente entre catro e seis horas de livestream (vídeo en directo)", subliñan. Todo o fan eles mesmos.
Unha das cousas que máis chaman a atención de quen chega a TikTok é ver como a maioría de creadores ten detrás das súas escenas o comedor de casa dos seus pais, a súa habitación de nenos, as rúas da urbanización ou a praza do pobo. As súas achegas son eminentemente caseiras.
Susana Velasco
1° B Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-01-2019 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal