Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O meteorito que matou aos dinosaurios
Un fatídico día de fai uns 66 millóns de anos, as criaturas que entón poboaban a Terra alzaron a vista ao ceo para ver como unha xigantesca bóla de lume chegada do espazo entraba na atmosfera. Para a gran maioría delas, foi o comezo do fin. O meteorito, duns 12 quilómetros de diámetro, impactou no que hoxe é Chicxulub, na península mexicana de Iucatán, derritindo a superficie cunha explosión 10.000 veces superior a todo o arsenal atómico que existe no mundo actual.
A brutal colisión cambiou o clima da Terra durante polo menos dous anos, provocando a extinción do 75% da vida, incluídos os dinosauros. Entre as terribles consecuencias, un tsunami como nunca se viu na historia moderna, que se estendeu por todos os océanos do globo con ondas de ata un quilómetro e medio de altura.
«Este tsunami moveuse por todas as concas oceánicas», asegura a ABC Molly Range, nova investigadora do Departamento de Ciencias da Terra e Medio Ambiente na Universidade de Michigan. O estudo, que aínda non se publicou nunha revista revisada por pares, foi presentado na reunión anual da Unión Geofísica Americana celebrada o pasado decembro en Washington. O que o grupo de Range fixo é modelar, por primeira vez, como se propagaron as ondas desde o impacto da roca en augas pouco profundas do Golfo de México ata que por fin desapareceron.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-01-2019 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal