Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS REIS MAGOS... E PAPÁ NOEL?
QueridXs amigXs.
Novamente estamos aquí tralo parón destas festas de Nadal.
Nadal que, por certo, case queda estragado de por vida, para todas e todos as/os cativas/os e, porque non dicilo, tamén para algún e algunha non tan cativo, entre os que me inclúo, polo lapso máis inverosímil protagonizado polo Rei Baltasar de Andoain, ao rebelar nun momento de euforia durante o discurso que dedicaba ás nenas e nenos trala cabalgata de Reis, que os Reis Magos eran os pais. Aviados estamos!
E que dicir ten a chamada de teléfono de Donald Trump, ao que en todos os medios xa alcuman o “Grinch”, por aquelo do seu amor á Nadal… Na Casablanca existe a tradición que seguen todos os presidentes americanos de responder ás nenas e nenos que chaman ao Centro de Defensa do Espazo Aéreo Norteamericano, que por se non o sabedes, instalan un sistema de seguimento para saber onde se atopa en cada momento Papa Noel. Pois ben, nunha desas chamadas, Trump preguntoulle a unha cativa “se aínda cría en Papá Noel”. Pois como non… Non sei de onde saca esta pregunta semellante personaxe, millonario egocéntrico, que chegou ao poder como presidente, por puro hobbie!
Pero, quixen afondar un pouco máis neste tema dos “gazapos” sobre os Reis Magos e Papá Noel e sabedes, mi madriña o que atopei. Podo comezar polo famoso carnaval da cabalgata de Reis dunha alcaldesa estreada recentemente en Madrid, Manuela Carmena. Entre outras ledicias, non se puideron levar animais na cabalgata, polo que os Reis Magoas chegaron en triciclo; o Rei Baltasar perdera a súa cor e tiveron que untalo de negro e os seus traxes foran confeccionados para a ocasión pola famosa deseñadora, extravagante sen par, Agatha Ruiz de la Prada… e ímolo deixar aí porque poderiamos seguir ata o infinito e máis alá…
Logo atópome cun cantante, finado nestas festas por certo, Chiquetete, que nun arranque de emotividade, non se lle ocorreu máis pantasmada que dicirlle aos nenos que estaban presentes na cabalgata na que el facía de Rei Melchor, que el era o cantante Chiquetete e arrancarse por bulerías…
E xa, o máis soado na nosa terra, remóntase á noite de reis de xaneiro de 1987, en Vigo. Os galegos case que matamos aos Reis Magos de Oriente. Chegaban en globo e o mal tempo que se levantou esa noite, fixo que o globo caese ó mar á vista de todos os nenos alí presentes. O globo foi remolcado ao Náutico Vigués por un remolcador e tal foi a emoción dos cativos e cativas alí presentes cando viron que os seus Reis non se afogaran e non morreran, que nin se decataron de que perderan as súas vestiduras e demais complementos… Pero como os Reis son Reis, a cabalgata puido chegar á Porta do Sol. Iso si, cuns Reis “a remollo” e a medio vestir.
Anécdotas temos moitas pero o verdadeiramente real é que os Reis Magos, Papá Noel, paxes, elfos, trasgos, fadas madriñas... seguirán existindo mentres exista a inocencia e a candidez dun neno.
Quedádevos coa ilusión deses nenos e nenas escribindo a súa carta aos Reis ou a Papá Noel e a espera ansiosa da chegada do Nadal...
Esa é a verdadeira ilusión e emoción destas datas! Oxalá que sexamos capaces de non perder esa capacidade de emocionarnos con estas pequenas cousas, a medida que vamos medrando. Espérovos para o vindeiro ano...



Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-01-2019 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal